7.5.24

II Congreso Nacional Escola Rural

O pasado venres, 3 de maio, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato integrado por Sara Armada, Carmen Fustes, Zoe Gómez, Alba Martínez e Laura Salgueiro, xunto coas profesoras Bea Otero, Patricia Vázquez e Sara Filgueira, participamos no II Congreso Nacional Escola Rural 👩🏻‍🏫🏫, celebrado en Ribadavia.



Concretamente, participamos na feira de centros educativos rurais, na que demos a coñecer ante profesionais da educación de toda España os proxectos e actividades que levamos a cabo no noso instituto, entre eles, as iniciativas que desenvolvemos na Biblioteca, que espertaron grande interese entre os participantes. Aproveitamos para compartir experiencias con outros centros para coller ideas de cara ó vindeiro curso.


Grazas ó @cfrdeferrol por contar con nós para esta actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...