Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o
curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado de #Infantil.
Representaron tres #contos da nosa tradición en #linguagalega: Cocorico, Corre, corre, cabaciña e A toupiña que quería saber
quen lle fixera aquilo na cabeza.
Foi unha xornada chea de
ilusión, aprendizaxe e reencontros, en que os máis pequenos gozaron das
historias e os maiores demostraron o seu compromiso, creatividade e
cariño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario