Premio Nacional das Letras Españolas 2014
Emilio Lledó (Sevilla, 1927) foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2014. O filósofo e académico da RAE foi distinguido con este galardón, concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 40.000 euros, por toda a súa obra literaria.
O xurado recoñeceu a Lledó «polo seu pensamento e dilatada obra, que harmoniza a filosofía do Logos, a hermenéutica, o valor estético e ético da palabra, a defensa da liberdade e reivindica a vocación docente». Tamén destacou a súa achega dunha «vía filosófica propia na que o saber antigo axuda ao saber presente». En definitiva, «un gran ensaísta e divulgador de alto nivel», entre cuxos temas destacan «a defensa da lectura, a felicidade, o silencio, a beleza e a verdade».
Lledó mantén esperanza na mocidade que "está desexosa de coñecemento. O interese xorde nos mozos cando es ti o que lles mostra o seu propio interese". Aínda que xa retirado, Lledó mantén a súa loita pola cultura.
Amosando publicacións coa etiqueta premio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premio b>. Amosar todas as publicacións
1.12.14
17.11.14
Premio Nacional de Cómic 2014: Amarillo
John Blacksad veterano da Segunda Guerra Mundial, é un detective americano ao uso en case todo excepto na súa natureza animal. É un felino humanizado que a bordo dun Cadillac amarelo, modelo Eldorado, parte de
Nova Orleans e rastrexará as pegadas dun crime por polvorientas estradas
que lle conducirán a Nova York.
Grazas á última das súas aventuras, os seus creadores, Juan Díaz Canales (Madrid, 1972), e Juanjo Guarnido (Salobreña, Granada, 1967), recibiron o Premio Nacional de Cómic 2014, que recoñece un cómic de calidade sen fronteiras, cargado de referencias culturais e cunha óptima execución, segundo o xurado. Xuntos realizan a serie Blacksad, que ten como protagonistas a animais con forma humana en historias policíacas de xénero negro ambientadas en Estados Unidos. Realizaron 6 títulos: Un lugar entre as sombras, Arctic nation, Alma vermella, O inferno, o silencio e Amarelo.3.12.10
Si eres poeta, este pode ser o teu premio
RNE convoca a III edición do Premio de Poesía Xoven. A obra premiada será editada e distribuida pola editorial Pre-Textos. O gañador terá dereito a recibir vintecinco exemplares da súa obra.
Consulta as bases.
Consulta as bases.
17.11.10
A investigación ten premio
O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, dirixido a estudiantes da ESO de Galicia, instaurárono os Museos Científicos Coruñeses para promover entre os estudiantes galegos valores como a creatividade e a imaxinación científicas, a constancia ou o espíritu crítico. Participa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Teatro no colexio
Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...
-
2013, ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA mathematics O ano 2013 foi declarado o Ano das Matemáticas do Planeta Terra polos insti...
-
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
-
Obradoiro de música tradicional Nesta véspera do Día das Letras Galegas recordamos o obradoiro de música tradicional que tivo lugar o pasa...


