Ortegalendo
Blog da Biblioteca do IES Cabo Ortegal (Cariño)
11.11.26
Unha viaxe ao interior das células
⚠️📣 O alumnado de #1ºESO e #3ºESO da materia de #Bioloxía véñennos mostrar os seus traballos nunha mostra temporal: “Viaxe ao interior das células”.
9.11.26
Novidades na biblio
⚠️📣 Chegan á nosa biblioteca as últimas #novidades literarias. Temos novos #librosdelecturaobrigada, reposicións de exemplares e #librosdenonficción. E todo enmarcado no #PLAMBE2627.
Xa podedes pasar a collelos do estante de novidades.
#bescolaresgal
6.11.26
Recomendacións do mes de novembro
⚠️📣 E velaquí están as primeiras #recomendaciónsdomes elaboradas polo #alumnadovoluntario de #3ºESO:
📖 Ao final morren os dous, Adam Silvera
🎥 O club dos poetas mortos, Peter Weir (1989)
🎧 Nivana (grupo)
#bescolaresgal
3.11.26
Mercores de xogos (Samaín Edition)
⚠️📣 Vide xogar este mércores á Biblioteca durante o #recreodexogos a un xogo de temática de #Samaín 👻🎃! Animádevos!
#bescolaresgal
30.10.26
Decoración de Samaín
⚠️📣 Pois velaquí tedes o alumnado do @ies.cabo.ortegal colaborando para decorar a #Biblioteca do centro coa temática do #Samaín 👻🎃!
#bescolaresgal #alumnadocolaborador
Está a piques de chegar o Samaín
⚠️📣 O #Samaín xa está chegando ao noso centro! Alumnas de #2ºBach xa conformaron a súa propia #SantaCompaña, mentres que en #1ºBach están optando máis pola maxia…
#bescolaresgal
29.10.26
Día das Escritoras
⚠️📣 Este foi o traballo que fixo a titoría de #1ºESO para conmemorarmos o #DíadasEscritoras, un magnífico traballo onde se resaltan as figuras das únicas mulleres ád que se lles dedicou as #LetrasGalegas nos últimos 40 anos!
#MulleresdasLetrasGalegas #bescolaresgal
16.10.26
Visita á Graña de 4º de ESO
⚠️📣 O pasado venres 16 de outubro, o alumnado de #4ºESO realizou unha visita á Estación de Bioloxía Mariña da Graña (USC).
O grupo asistiu a unha presentación sobre o traballo de campo que realizan as investigadoras e participou nunha visita interpretativa aos distintos laboratorios e áreas de traballo do Centro, en que puideron observar diversas especies e mostras biolóxicas, así como participar en explicacións sobre as liñas de traballo desenvolvidas.
#saídaextraescolar #Bioloxía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Unha viaxe ao interior das células
⚠️📣 O alumnado de #1ºESO e #3ºESO da materia de #Bioloxía véñennos mostrar os seus traballos nunha mostra temporal: “Viaxe ao interior d...
-
⚠️📣 Xa comezou o #curso2026 /2027 e xa nos tardaba tamén en comezar a #Horadeler ! 📚 Esta semana comezaremos na 1ª! Procurade levar algunh...
-
⚠️📣 Queres participar e colaborar nas actividades que fai a Biblioteca? Fala cos membros do #EquipodaBiblioteca para botarlles unha man e...
-
⚠️📣 E este é a primeira xornada de #recreosdexogos que se celebrou o pasado mércores na biblioteca. Xogamos a #TheMind e conseguimos avan...





.jpeg)
%20(1).jpeg)