30.4.24

Obradoiro de Stop Motion

Un grupo de 15 alumnas e alumnos de ESO e 1º de Bacharelato participou nun obradoiro de introdución ó cine de animación organizado pola Biblioteca e o Departamento de Educación Plástica.

O obradoiro "ANÍMATE! Introdución ao cine de animación" foi impartido polo artista local Borja Guerrero Parapar, quen xa o ano pasado colaborara coa Biblioteca no desenvolvemento dun obradoiro de ilustración.

Nesta ocasión, o taller desenvolveuse en dúas sesións os días 22 e 29 de abril, nas que a rapazada se introduciu no mundo do audiovisual e do cine e se achegou, dunha maneira práctica, á técnica do stop motion. Empregando material próximo (lapis, papeis, plastilina...) e coa axuda dunhas tabletas electrónicas e de imaxinación e ganas, os participantes crearon os seus propios vídeos de animación con esta técnica.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...