19.12.23

Novo número do Sabichómetro

                                                                        As novas do IES Cabo Ortegal!

 

Xa saíu do prelo o primeiro número deste curso do Sabichómetro, que dá conta do que pasou no instituto neste primeiro trimestre. Actividades, excursións, acontecementos importantes e anuncios, todo iso é o que podes atopar nel. Ademais, este primeiro número inclúe unha entrevista a Noelia, a nosa nova profe de Mates!

Se queres enterarte de todo e sabichar quen sae na revista, achégate ás zonas comúns do instituto ou búscaa este Nadal nas principais institucións e negocios de Cariño (Biblioteca Municipal, Centro Social, comercios, bares...).

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...