20.12.23

Premios do concurso 'En busca do enigma perdido'


Dentro do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, nas últimas semanas desenvolvemos o noso concurso de enigmas, organizado pola Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e o Club de Ciencias.

Un ano máis o concurso contou con gran participación do alumnado, que durante oito recreos intensos espremeron os miolos para resolver os enigmas científicos e lingüísticos que lle fomos propoñendo diariamente. A cousa estivo emocionante! Tanto, que se produciu un empate na categoría T-Rex!


Así que houbo un enigma extra para determinar os gañadores!!


Parabéns, rapazada!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...