Nace Ith, a plataforma galega para o crowdfunding literario
O PROXECTO XORDE DA
FUNDACIÓN UXÍO NOVONEYRA E PRETENDE CREAR UNHA COMUNIDADE ARREDOR DA LECTURA
"Unha plataforma
literaria baseada no financiamento colectivo que busca crear unha comunidade de
lectores arredor de proxectos literarios moi especiais". Este é o xeito no
que se presenta Ith Crowdfunding, unha plataforma galega que xorde da
Fundación Uxío Novoneyra co apoio do Ministerio de Cultura. Para alén de
conseguir financiamento para novas propostas de escrita, o web pretende servir
para pór en contacto persoas afeccionadas á lectura mediante a sección A
Caixa de Ith. Polo momento, están xa abertos dous proxectos: Primeiros
auxilios, iniciativa poético-musical do dúo Cintaadhesiva e mais a edición
do caderno de escena en formato e-audiolibro de PULP, espectáculo de
Fantoches Baj a partir de poemas de Lois Pereiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario