16.12.13


Morre o actor Peter O'Toole aos 81 anos

Lembrado polo seu papel como Lawrence de Arabia, foi nomeado oito veces ao Oscar, pero só gañou un honorífico en 2003.
Foi algo así como o eterno perdedor, o actor que máis veces foi nomeado aos Oscars sen chegar nunca a conseguir o premio ao mellor papel protagonista.
Peter O'Toole morreu hoxe en Londres aos 81 anos, sete despois da súa derradeira nominación por Venus, en 2006. Tres anos antes, iso si, fora recoñecido cunha estatuíña honorífica.

O'Toole, irlandés criado no Reino Unido, comezou no teatro no Londres dos anos 50. Acadou fama mundial na súa interpretación de THomas Edward Lawrence en "Lawrence de Arabia", o clásico que David Lean asinou en 1962. Deixounos outros moitos papeis maxistrais pero a súa imaxe irá sempre asociada ao oficial británico que fixo de enlace durante a revolta árabe contra o Imperio Otomano na Primeira Guerra Mundial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...