Un colexio público de Vigo, Premio Nacional de
Educación por fomentar a lectura
O Ministerio de Educación concede 10.000 euros ao
centro Frián de Teis polo seu plan A lingua sabe a pan
O colexio público Frian de Teis recibiu o Premio
Nacional de Educación 2013 en ensino non universitario pola súa traxectoria e
polo programa A lingua sabe a pan, que fomenta a lectura e a tradición oral.
O premio, dotado con 10.000 euros, foi concedido polo
Ministerio de Educación por contribuír a mellorar a calidade da educación no
apartado de dinamizar as competencias en lectoescritura. O proxecto desta
ocasión ten por lema «Unha lingua é boa cando sabe a pan.. cando sabe a pan
fresco», que se inspira na frase de Cunqueiro. O plan buscaba a promoción da
lectura e esscritura e o uso de tecnoloxías da información, entre outros. Desde
o centro recordan que a implicación dos pais foi total. Entre as iniciativas
destacan as tardes de conto, unha gran festa da lingua e saídas os fins de
semana relacionadas co proxecto. O objetvio agora é repetir o próximo curso cun
proxecto que denominan A lingua sabe a mar e que buscará estudar a fondo a
tradición e cultura mariñeiras.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/12/12/colegio-publico-vigo-premio-nacional-educacion-fomentar-lectura/00031386872502955326557.htm?idioma=galego
Ningún comentario:
Publicar un comentario