9.10.12

LIBROS CON DATA DE CADUCIDADE




Este verán a editorial Arxentina Eterna Cadencia e a axencia publicitaria Drafffcb lanzaron un rechamante proxecto denominado "O libro que non pode esperar", que se plasmou nunha antoloxía de novos autores latinoamericanos titulada “O futuro non é noso”.

A idea desta campaña baséase nun libro cuxa tinta empeza a desaparecer aos dous meses de quitarlle o seu envoltorio, xa que se vende en bolsas completamente seladas. A tinta, debido a un proceso químico, ao entrar en contacto coa luz e o aire sofre unha degradación paulatina cuxo resultado final aos 60 días é un libro coas páxinas en branco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...