10.10.12

                                                                

  A editorial Kalandraka obtivo o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural correspondente ao ano 2012 por "o seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía. É, por iso, un referente en España e no estranxeiro". O Premio, que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ten por obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacase pola súa achega sobresaliente e innovadora á vida cultural española durante 2011.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...