7.3.24

Micro Aberto con... Bea Otero e María Muíño!

 



No noso último recreo de Micro Aberto, desenvolvido o martes 27 de febreiro, as profesoras María Muíño e Bea Otero compartiron connosco a súa experiencia en Canadá durante a estadía que realizaron no mes de novembro como participantes do programa PIALE.


Ademais de darnos a coñecer este programa, contáronnos algunhas curiosidades sobre Canadá e sobre a cidade de Toronto, faláronnos do sistema educativo do país e dos plans de estudos dos centros que visitaron e achegáronnos información sobre aspectos tan interesantes como as Residential Schools.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recomendacións do mes de abril

⚠️📣 O #alumnadovoluntario da biblioteca, a través da #Ortegalura , volveu facer unha pescuda entre os seus compañeiros e compañeiras de 2...