7.3.24

8M: Día da Muller


8M. Non celebramos, reivindicamos!

Xa está instalada no corredor de acceso á cafetería a nosa reivindicación do 8M,

Día Internacional da Muller 💜


O alumnado de 4°ESO de Proxecto Competencial, xunto co Equipo da Biblio, preparou estas urnas como recordatorio da importancia do voto feminino.

Pero esta vez non se trata de votar, queremos que a comunidade educativa reflexione sobre os dereitos das mulleres. Podes responder as preguntas que se propoñen?

Ademais, tamén instalamos unha mesa con suxestións lectoras para este día na entrada da Biblio. Podes picar na foto para botarlle un ollo a libros escritos coas gafas violetas.



E como guinda final, Andrea Pérez e Janire Adrián (4º ESO) renovaron o mural do noso recuncho violeta cun traballo espectacular. Pica na imaxe para ver como o pintaron!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...