Premio Nacional das Letras Españolas 2014
Emilio Lledó (Sevilla, 1927) foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2014. O filósofo e académico da RAE foi distinguido con este galardón, concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 40.000 euros, por toda a súa obra literaria.
O xurado recoñeceu a Lledó «polo seu pensamento e dilatada obra, que harmoniza a filosofía do Logos, a hermenéutica, o valor estético e ético da palabra, a defensa da liberdade e reivindica a vocación docente». Tamén destacou a súa achega dunha «vía filosófica propia na que o saber antigo axuda ao saber presente». En definitiva, «un gran ensaísta e divulgador de alto nivel», entre cuxos temas destacan «a defensa da lectura, a felicidade, o silencio, a beleza e a verdade».
Lledó mantén esperanza na mocidade que "está desexosa de coñecemento. O interese xorde nos mozos cando es ti o que lles mostra o seu propio interese". Aínda que xa retirado, Lledó mantén a súa loita pola cultura.
Amosando publicacións coa etiqueta españolas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta españolas b>. Amosar todas as publicacións
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Adopta un libro (Edición Cariño)
⚠️📣 A Biblioteca Municipal do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 e o 𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 promoven esta iniciativa de integrac...
-
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
-
2013, ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA mathematics O ano 2013 foi declarado o Ano das Matemáticas do Planeta Terra polos insti...
-
Obradoiro de música tradicional Nesta véspera do Día das Letras Galegas recordamos o obradoiro de música tradicional que tivo lugar o pasa...
