Novidades

          
NOVIDADES. LIBROS




A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as persoas humanas e non humanas, e mesmo as máquinas: a báscula de Ohio que pesa cousas e emocións, o rancor dos tractores nas granxas abandonadas... E abrangue a linguaxe, as palabras que, como velairiñas arredor da lámpada, loitan contra a extinción, desvelan un misterio e crean outro.



A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.






Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora. Aqueles días en que eramos malas é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes. A novela máis ambiciosa de Inma López Silva.

          
Una periodista recibe una propuesta para investigar la azarosa vida de su bisabuela, una mujer de la que sólo se sabe que huyó de España abandonando a su marido y a su hijo poco antes de que estallara la Guerra Civil. Para rescatarla del olvido deberá reconstruir su historia desde los cimientos, siguiendo los pasos de su biografía y encajando, una a una, todas las piezas del inmenso y extraordinario puzzle de su existencia. Marcada por los hombres que pasaron por su vida -el empresario Santiago Carranza, el revolucionario Pierre Comte, el periodista estadounidense Albert James y el médico militar vinculado al nazismo Max von Schumann-, la vida de Amelia Garayoa es la de una mujer que aprendió que en la vidsa no se puede volver sobre el pasado para deshacerlo. Desde la España republicana hasta la caída del Muro de Berlín, pasando por la Segunda Guerra mundial y los oscuros años de la Guerra fría, esta burguesa y revolucionaria, esposa y amante, espía y asesina, actuará siempre de acuerdo a sus principios, enfrentándose a todo y cometiendo errores que no terminará nunca de pagar.


el universo en tu mano-christophe galfard-9788416290628
No estás solo en el universo.

Y no estás solo en este viaje por el universo.

Estás tumbado mirando el cielo en una playa cuando alguien te coge de la mano.

Te guía en una odisea alucinante hasta los agujeros negros, las galaxias más lejanas y el inicio mismo del cosmos.

Abandonas tu cuerpo y te desplazas a velocidades imposibles, te introduces en un núcleo atómico,
viajas en el tiempo, entras en el Sol.

No es que te expliquen el universo. Es que lo tocas.

No es que por fin entiendas el universo.

Lo tienes en tu mano.









origenes: el universo, la vida, los humanos-jose maria bermudez de castro-carlos briones-alberto fernandez-9788498928624


Las claves de la formación del universo, la aparición de la vida y el surgimiento del hombre. Esta obra aborda en profundidad tres de las preguntas más fascinantes que la ciencia actual tiene planteadas: el origen del universo, la emergencia de la vida y la aparición de nuestra especie. La investigación sobre estos tres orígenes no sólo alcanza las fronteras del conocimiento científico sino que lo trasciende e involucra a otros campos de la cultura y el pensamiento. En este libro, marcadamente interdisciplinar, cada parte ha sido escrita por un experto en el origen correspondiente: un cosmólogo, un bioquímico y un paleoantropólogo. Con ello, la obra viene a llenar un vacío en la literatura científica en español y es esperable que tenga una amplia aceptación entre distintos tipos de lectores. Los accesibles textos, que a la vez son rigurosos y están muy actualizados, se completan con un buen número de ilustraciones muy sugerentes, y van precedidos por un prólogo escrito por el reputado investigador Ricard Solé.




 Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e marabillosos para facer maxia. Os catro sabuxos xogan e divírtense alí ata que descobren que quedaron atrapados dentro dun sitio que ninguén coñece: o Museo Prohibido.
Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o rodea. 




 El anciano filósofo Pitágoras, uno de los personajes con más poder de su época, está a punto de elegir un sucesor entre los grandes maestros cuando en su comunidad se inicia una serie de asesinatos. Tras los crímenes se atisba una mente oscura y poderosa que parece superar al mismísimo Pitágoras. La enigmática Ariadna y el investigador egipcio Akenón tratarán de descubrir quién es el asesino a la vez que resuelven sus propios sentimientos. Un reto en el que los fantasmas del pasado se unen a las oscuras amenazas del presente.




 La vuelta al mundo de un forro polar rojo muestra el trasfondo y las complejas relaciones que hay detrás de la globalización, ilustrando de una manera impresionante la injusticia que domina en el comercio mundial…Sin duda, la próxima vez que vayamos de compras seremos un poco más críticos. El autor nos guía en el azaroso viaje de un forro polar por todo el mundo, mostrándonos como la globalización afecta a la vida de la gente. Desde los ricos de Dubai, hasta los pobres de Bangladesh.

La vida era mejor en los viejos tiempos. ¿O no?
Eso se pregunta Greg Hefley mientras la ciudad se desconecta voluntariamente y se declara libre de aparatos elecrtrónicos. Pero la vida moderna tiene sus ventajas, y Greg no está hecho para los viejos tiempos. La tensión sube dentro y fuera del hogar de los Heffley... ¿Podrá soportarlo Greg? ¿O la vieja escuela es demasiado dura para un pringao como él?
 
 Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis canda eles a quen non dan visto.Cunha linguaxe multifocal, que ás veces roza o surrealismo, mesturando realidade e ficción de xeito continuo e partindo dunha cita do pintor Toulouse-Lautrec (que di que o esencial é a figura mentres que a paisaxe é un mero accesorio), Xesús Constela achéganos un libro no que xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras.Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo, A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos.


En nuestra vida cotidiana no podemos evitar encontrarnos con personas problemáticas, como jefes autoritarios y descalificadores, vecinos quejosos, compañeros de trabajo o estudio envidiosos, parientes que siempre nos echan la culpa de todo, hombres y mujeres arrogantes, irascibles o mentirosos… Todas estas personas «tóxicas...

 Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto. Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? O Consello de Sabios deberá tomar decisións rápidas e axeitadas para impedir a extinción da súa raza.Neste relato trepidante, o protagonista atopará un amor fermoso e incondicional. Será capaz de enfrontar o medo de loitar cos inimigos, a tensión provocada polas traizóns e a incomodidade destas aventuras de a cabalo, nas que as tradicións ancestrais propias colaboran con outras culturas distintas de alén mar. A cacería é unha narración épica de aventuras, localizada nun tempo e espazo míticos, onde un pobo loita pola súa supervivencia, da man dun guerreiro que vemos evolucionar de neno a heroe. Unha novela que respecta as convencións do xénero de fantasía heroica para propoñer unha reflexión sobre a conformación da identidade do heroe.
  A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meu corpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperio do Baleiro.Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Ítaca entre Europa e América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.



 Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas:
¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo?
¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?
¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?
¿Cal é a idade do universo?
¿E o seu tamaño?
¿Que quere dicir que o universo se expande?
¿E a que velocidade o fai?
¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?..

Todo es cuestión de química nos acerca al mundo de esta ciencia desde una mirada cercana y divulgativa. Si observamos nuestro entorno no es difícil preguntarse cosas como: ¿de qué están hechas las cosas?, ¿cómo se transforman unas cosas en otras?, ¿por qué son como son?Este libro nos describe, a través de ejemplos cotidianos, muchos conceptos, desde qué es un átomo o una molécula, hasta cómo funciona una cerilla o una pila.En él encontrarás explicaciones sencillas a temas complicados, con ilustraciones que te ayudarán a entender lo incomprensible

BLACKSAD

Temos os cinco cómics de Blacksad. Xénero policiaco con animais antropomorficos nun ambiente de serie negra.





A vinganza do defunto, Carlos G. Reigosa, Xerais


Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns –co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis–, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.







Arte desde 1900. Modernidad, antimodernidad, posmodernidad,
  ed. Akal  










  A ciencia no punto de Mira, Jorge Mira, ed. Auga


¿Quen dixo que a ciencia é aburrida? A ciencia ademais de achegar coñecementos coñecementos pode ser unha fonte de entretemento que non coñece idades. Jorge Mira ofrece neste libro a posibilidade de descubrir realidades que nos rodean enfocadas dende o punto de vista da ciencia. Un libro divertido, ameno, curioso, pedagóxico e científico.



 




Herbario de plantas silvestres     

 


 
 









Cartas memorables, Sahaun Usher, ed.Salamandra.
Dende a desgarradora carta que escribe Virginia Woolf antes de suicidarse ata a receita dos scones da Raiña Isabel II, que envía ao presidente Eisenhower; do primeiro uso do acrónimo O.M.G. do que se ten Constanza nunha carta a Winston Churchill ao chamamento a manter a paz que Gandhi dirixe a Hitler; e da bonita carta na que Iggy Pop da consellos a unha admiradora á extraordinaria misiva na que Leonardo da Vinci solicita emprego … Cartas memorables é unha celebración do poder da correspondencia escrita que capta o humor, a seriedade, a tristeza e a xenialidade que forman parte da nosa vida.










El hombre que confundió a su mujer con un sombrero,Oliver Sacks, Anagrama, 2009.




Vinte historias de médicos e doentes perdidos no estraño mundo das enfermidades neurolóxicas: individuos queixados polas inauditas aberracións da percepción, que perderon a memoria, que son incapaces de recoñecer a seus familiares, os obxectos cotiáns..., aos que Oliver Sacks retrata con paixón humana e gran talento literario.
 


 
2014-2015 

 ********************



 


 Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.



  
Do cotiá, do íntimo, do simbólico. Os versos audaces e rotundos de ÁlvarezTorneiro rodean o lector cos brazos acolledores da lírica.
 
PREMIO NACIONAL DE POESÍA - 2013
PREMIO DE POESÍA DA AELG (Asociación de escritores en lingua galega) - 2013
PREMIO ÁNXEL CASAL ao libro de poesía (Asociación galega de editores) - 2012
PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA (Asociación española de críticos literarios) - 2012

 





Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.




ESTO ES... UN ATRAPASUENOS? SI. LO COMPRE CUANDO ERA UNA NINA. Y NO ME HA IDO MAL.ESTAR CONTIGO ES UN MILAGRO... Y UN SUENO. MI SUENO SE HIZO REALIDAD, AMOR.”Atrás quedaron los malos momentos que hicieron peligrar el futuro de EL CLUB DE LOS INCOMPRENDIDOS. Valeria, Raúl, María, Bruno y Ester vuelven a estar muy unidos,  gracias sobre todo al empeño de Alba, quien se está ganando con creces formar parte del Club.Pero después de la calma, la tormenta: malentendidos, envidias, reencuentros inesperados, historias que renacen, nuevos personajes y la reaparición de alguien muy especial para todos ellos volverá a poner su amistad en peligro.Amores imposibles, pasiones desbordantes, dudas inconfesables y ¡diversión asegurada!PUEDO SONAR CONTIGO? es la tercera y última entrega de la trilogía de EL CLUB DE LOS INCOMPRENDIDOS, unos personajes que nos han acompañado desde ¡BUENOS DIAS, PRINCESA! y NO SONRIAS, QUE ME ENAMORO y que ya forman parte del corazón de todos los lectores.





Galicia, años cincuenta. Dos hermanas regresan a Tierra de Chá después de una larga ausencia, muy unidas por un hecho oscuro cometido en el pasado, y también por su pasión por el cine y la vida de los artistas de Hollywood. Vuelven a la que fue la casa de su abuelo, de la que tuvieron que huir cuando eran niñas, y donde hombres y animales conviven bajo el mismo techo. En Tierra de Chá, nada y todo ha cambiado, las gentes, la pequeña casa lejana bajo la lluvia, el olor acre del tojo, las flores, las cosechas, las costumbres... Pero las fronteras entre la verdad y la mentira, los recuerdos y la realidad son difusas. Por algún motivo, el regreso de las hermanas trastoca la plácida existencia de los habitantes de la aldea. ¿Por qué nadie quiere hablar de don Reinaldo, el abuelo? ¿Qué ocurrió durante la guerra que ahora les ocultan? ¿Por qué las llaman así, «las Inviernas»? 





 
É unha historia fermosa e emotiva de nenos e adolescentes que viven nun centro de menores, fálanos dun mozo que destacaba como xogador de baloncesto pero que un día decide deixalo e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas... Pero tamén está alí a causa dunha historia de amor. Unha novela para pensar e reflexionar sobre as persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas, pero tamén unha novela para pensar e reflexionar nas persoas que as cambian para mellor, todos os días. Un conmovedor libro que nos chega a todos ao corazón e que non deixa indiferente a ninguén.






 


 NOVIDADES. PELÍCULAS
 


  Basada nun feito real ocurrido en 1850, conta a historia de Solomon Northup, un culto músico negro que vivía coa súa familia en Nueva York. Despois de ser drogado e secuestrado é vendido como esclavo. Hai que vela. http://www.filmaffinity.com/es/film554692.html







Cando Jon, un rapaz adolescente conflictivo, é expulsado do colexio a súa nai mandao a vivir con o seu abuelo Max, militar retirado, que estivo na guerra de Bosnia. http://www.filmaffinity.com/es/film281815.html

 


 Pablo é un médico militar español enviado nunha misión de paz a Irak durante la guerra de 2003. É vese envolto nun conflicto que pon a súa vida en perigo. http://www.filmaffinity.com/es/film697411.html

 









Anos 70. En Noitía, un pobo da costa atlántica galega, viven Fins e Brinco, dous adolescentes que manteñen unha relación de amistosa rivalidade en medio da cal se atopa Leda, unha rapaza algo maior ca eles. Pasan o tempo na procura de tesouros nas praias. A súa relación se interrumpe cando Fins volve ao pobo convertido en garda civil.
.http://www.filmaffinity.com/es/film675925.html



 




En 1865, mentras a Guerra Civil Americana se acerca ao fin, o presidente Abraham Lincoln propón unha enmenda que prohíba a esclavitude nos Estados Unidos. Esto plantexa un gran dilema: se a paz chega antes de que se aprobe a enmenda, o Sur tendrá poder para rechazala e mantener a esclavitude; se a paz chega despois, deceas de miles de persoas seguirán morrendo no frente.  http://www.filmaffinity.com/es/film588950.html






Nun pobo inglés, Albert, o fillo dun granxeiro, ve nacer un cabalo. Poco despois, o seu pai o adquiere nunha poxa, e o rapaz ponlle o nome de Joey. Pero a familia se arruina e  ten que vendelo xusto cando estala a Primeira Guerra Mundial (1914-1918).   http://www.filmaffinity.com/es/film992695.html








 E tamén: 

PA NEGRE - GOOD BYE LENIN  - LA VOZ DORMIDA - GREEN ZONE - TODOS LOS HOMBRES DEL PRESIDENTE - EDUARDO MANOSTIJERAS - LEONES POR CORDEROS - EL COLOR PURPÚRA - LAS CRÓNICAS DE NARNIA - GREASE - EN TIERRA DE HOMBRES-PAN Y ROSAS- LOS GIRASOLES CIEGOS - EN EI NOMBRE DEL PADRE -EN BUSCA DE LA FELICIDAD -SALVAD AL SOLDADO RYAN - LA LADRONA DE LIBROS -STAR WARS
         

                                  *******************

Co gallo do Día de Rosalía, o 24 de febreiro,  fixemos unha escolma dos libros de Rosalía que hai na nosa biblioteca e puxémolos enrriba do estante central.




                                                            ******************

http://www.casadellibro.com/libro-el-heroe-discreto/9788420414898/2175639#
Un libro lleno de humor, con elementos propios del melodrama, donde Piura y Lima ya no son espacios físicos, sino reinos de la imaginación poblados por los personajes de este gran escritor. Vargas Llosa ha obtenido los más importantes galardones literarios, como el Premio Nobel de Literatura, el Premio Cervantes, el Príncipe de Asturias, el PEN/Nabokov y el Grinzane Cavour. El héroe discreto narra la historia paralela de dos personajes: el ordenado y entrañable Felícito Yanaqué, un pequeño empresario de Piura, que es extorsionado; y de Ismael Carrera, un exitoso hombre de negocios, dueño de una aseguradora en Lima, quien urde una sorpresiva venganza contra sus dos hijos holgazanes que quisieron verlo muerto. Ambos personajes son, a su modo, discretos rebeldes que intentan hacerse cargo de sus propios destinos, pues tanto Ismael como Felícito le echan un pulso al curso de los acontecimientos. Mientras Ismael desafía todas las convenciones de su clase, Felícito se aferra a unas pocas máximas para sentar cara al chantaje. No son justicieros, pero están por encima de las mezquindades de su entorno para vivir según sus ideales y deseos. Viejos conocidos del mundo vargasllosiano aparecen en estas páginas: el sargento Lituma y los inconquistables, don Rigoberto, doña Lucrecia y Fonchito, todos moviéndose ahora en un Perú muy próspero.


                                                 
                                                   ********************                                         























http://www.xerais.es/libro.php?id=3413640

Un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le.

                                                          ****************

 

 

www.xerais.es/libro.php?id=3692308
Segundo volume da súa triloxía ambientada no val do Baztán e protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra. O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrás resolvera os crimes do chamado «basajaun», que sementaron de terror o val do Baztán. Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do «basajaun» asasinou, violou e mutilou a Johana, a filla adolescente da súa muller. De súpeto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha inquietante mensaxe: «Tarttalo». Cunha soa palabra destaparase unha trama sobrecolledora que envolve a inspectora até un trepidante e emotivo final.
                                                               ***************

Co gallo dos 50 anos de Mafalda imos poñer tódolos meses un debuxo no Paper Library Blog:
 

                                                                             ****************






















www.xerais.es/libro.php?id=3429503
A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres –se cadra non, seguro–, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá.
                                            
                                                              
                                                               ************

el francotirador paciente-arturo perez-reverte-9788420416496
http://www.perezreverte.com/libro/613/el-francotirador-paciente/
El único arte posible es un ajuste de cuentas. Un encargo editorial pone a Alejandra Varela, especialista en arte urbano, tras la pista de Sniper, un reconocido artista del grafiti, promotor de acciones callejeras al límite de la legalidad —algunas de ellas con resultados fatales— del que casi nadie ha visto jamás el rostro ni conoce el paradero. La ciudad es un campo de batalla. Un artista callejero lanza desafíos como si fueran bombas. La búsqueda conducirá a la protagonista de Madrid a Lisboa, y de ahí a Verona y Nápoles en su intento por descifrar cuál es el objetivo al que apunta la mira mortal del cazador solitario.

           **********


www.xerais.es/libro.php?id=3477876
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano... 

**********************

Como sabedes o lema da biblioteca deste curso 2013-14 da Consellería  de Educación é Ler Ciencia na biblioteca, así pois habilitamos uns estantes co lema Ler ciencia onde podedes atopar numerosos libros  relacionados coa ciencia en xeral.




**********************

Temos un panel na biblio ó que chamamos Paper Library Blog, e fai as veces dun blog pero en vivo é directo e onde poñemos novas semellantes ás do blog na rede. Se desexades "colgar" algunha nova ou curiosidade referente ás vosas materias este é un dos lugares para facelo.




                                                            **********************

Axuntamos á beira dereita o enlace do ENDL do IES Cabo Ortegal (http://ortegalingua.blogspot.com.es/). Unha nova ferramenta onde poderedes consultar todo o relacionado coas actividades levadas a cabo polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro e tamén as novidades relacionadas coa Lingua Galega.


**********************


Publicitamos no centro o uso do blog, poñendo pequenos carteis por todos os recunchos: ortegalendo.blospot.com

(Contamos coa axuda do alumno David Güemes de 2º de Bacharelato.)

                                                         **********************




Xa temos aquí o ‘Dicionario de pronuncia da lingua galega’, promovido polo ILG e mais pola Consellería de Cultura e Educación, estrea unha nova edición ampliada e mellorada: 

                                                                 **********************

Imos cara o Samaín, por iso puxemos en varias estantes un feixe de libros relacionados con esta temática: bruxas, vampiros, pantasmas, mortos… Pasádevos por alí e animádevos a coller un destes exemplares.





********CURSO 2013-14********

O escritor galego Manuel Rivas ten nova novela. No programa de libros, Páxina 2 (RTVE), o autor fala dela. Mira. Escoita. Le.




NOVIDADES QUE PODES ATOPAR NA TÚA BIBLIOTECA :




Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.


Probablemente has oído hablar de Newton... Es terriblemente famoso por:

• descubrir la gravedad     • ser muy inteligente   • golpearse la cabeza con una manzana.

Pero, ¿sabías qué?:

• fue el último de la clase en la escuela      • se introdujo astillas en los ojos y por poco queda ciego                 • casi es ejecutado

Sí, a pesar de ser terriblemente famoso, Isaac Newton es aún una caja de sorpresas. Ahora puedes conocer de primera mano su historia a través de su aún no descubierto diario, descubrir cómo el mundo se volvió del revés por la caída de una simple manzana.



 Despois do Diario vermello de Carlota, presentámosovos O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA, de Gemma Lienas. É moito máis ca novela e ca un diario. Un día, Carlota reciba da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísimas situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.