23.10.24

Formación de novos usuarios da Biblioteca


FORMACIÓN  DE  PERSOAS USUARIAS 
DA  BIBLIOTECA  ESCOLAR


Hoxe compartimos unhas imaxes da formación na que participou a clase de 1º da ESO no inicio de curso para coñecer a Biblioteca e aprender a usar os seus recursos.








Nesta sesión, o novo alumnado coñeceu as instalacións e as normas de uso da Biblioteca da man da súa coordinadora, Sara. Descubriu tamén algunhas das iniciativas que se desenvolven nela (como a Hora de ler, o Club de Lectura, o voluntariado, os Recreos de Micro Aberto...) e aprendeu como estaban organizados os fondos e a buscar de xeito autónomo os materiais que precisan a través dun xogo por equipos. 



Tamén aproveitamos para facerlles entrega dos seus números de lector e para conversar con eles sobre os seus gustos literarios. 




















Encántanos que esta rapazada veña á súa nova Biblio nos recreos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Novidades na Biblio!

⚠️📣 E para retomar a hora de ler noeste trimestre, aquí vos presentamos algunhas novidades que xa podeses coller no carro que está á entr...