11.4.18


ENTREVISTA ALUMNOS 2º DE BACHARELATO

David Ramos (1º ESO B) entrevista á delegada e subdelegada de 2º Bach (Ana Blanco e Claudia Sanjurjo) como representantes do grupo.


1º-Estades ilusionadas ou nerviosas pola nova etapa que ides comezar?
Si, moito. Estamos moi entusiasmadas, non o cremos realmente.
2º-Resultouvos complicado, dificulso ou estresante a vosa chegada ao IES?
-Si. O primeiro ano sobre todo porque é o cambio de pasar de ser os maiores a ser os  pequenos, pero despois xa te acostumas e xa e todo é máis levadeiro.
3º-Que podedes recomendarnos aos que acabamos de chegar?
-Que non vos estresedes que non pasa nada por suspender unha materia ou se non queredes facer unha carreira, hai outras moitas saídas que podedes adoptar.
- Como foi a vosa experiencia en xeral neste instituto?
-Moi boa, estamos moi contentas, porque é unha contorna moi familiar e sobre todo polas cantidades de actividades que se fan neste centro.
5º-Cal foi o curso de que tedes peor recordo?  E o mellor? Por que?
-O peor para nós foi primeiro polo cambio mencionado anteriormente e o mellor curso foi 4º ESO ou 1º Bach, porque foron “fáciles”, polos compañeiros e sobre todo pola excursión de final de curso.
6º-Que materia vos resultou máis complicada?
En xeral física e química e xeografía de 2º Bach as máis complicadas.
 7º-Que é o que máis gusta do IES? Por que?
O que máis é a confianza nos profesores, porque máis ou menos nos anos de instituto non se cambia moito de profesorado entón vas collendo confianza con eles, pero sobre todo a contorna familiar de coñecerse todos uns a outros.
8º-Que cambiariades dos plans de estudo actuais?, se considerades que hai que cambiar algo?
Nós engadiriamos algunhas materias como unha de primeiros auxilios, unha de cociña…
9º-Queredes engadir algunha cousa máis?
Que non vos agobiedes, pero sobre todo que gocedes das actividades que se fan neste centro, que aínda que non o pareza pasa moi rápido. Que   tedes e nós tivemos sorte de estar neste instituto.



 FOI UN PRACER! MOITA SORTE RAPACESS!!!!

10.4.18

O SABICHÓMETRO
O folleto trimestral da biblioteca 
 

 CONCURSO DE MICRORRELATOS 2018

GAÑADOR: David Ramos 1º ESO B

“Había una vez una niña que tenía que leer un libro llamado “Sueños en las nubes”. Empezó a imaginar animales, lugares…, que podría contener el libro; de tanto imaginar, se quedó dormida soñando que ella era la protagonista de su historia. Cuando se despertó y observó que todo fuera un sueño, tuvo que pasarse toda la noche leyéndolo porque tenía un examen sobre él al día siguiente.”