Este martes recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras, que mantivo un encontro co grupo de 3ºESO para conversar sobre a súa obra O que sei do silencio, finalista do Premio Raíña Lupa 2017.
A rapazada, que leu este libro na clase de Lingua Galega e Literatura o pasado trimestre, puido comentar coa escritora tódalas dúbidas e ideas que lle xurdiron mentres o lían. E, ademais, tiveron o pracer de escoitar a Andrea narrar un dos seus contos.
Ó final do encontro, a autora asinoulles os exemplares do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario