30.5.23

Espectáculo de maxia

 

A IGUALDADE NON TEN TRUCO! 





Onte pola tarde acudimos co alumnado de ESO e Bacharelato ó Auditorio Municipal para asistir ó espectáculo "A igualdade non ten truco", da compañía Magia en la Manga.


Os magos Sara Rodríguez e Carlos Tomico, coa colaboración dun bo número de magníficos pequenos axudantes, fixéronnos gozar e sorprendéronnos cos seus trucos de ilusionismo mentres realizaron un percorrido por diferentes conceptos básicos do feminismo.

A actividade foi organizada conxuntamente pola Biblioteca e o EDLG grazas á colaboración do Concello de Cariño.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

V Certame de microrrelato e fotografía 'Exeria'

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colabora...