29.5.23

Obradoiro de ilustración



OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN: 
"A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias"
 

O artista local Borja Guerrero visitounos a semana pasada para desenvolver o obradoiro "A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias", no que participou un grupo de dezaseis alumnas/os de ESO e Bacharelato.

A actividade desenvolveuse en dúas sesións o luns 22 e o venres 26 de maio.

Na primeira sesión, Borja fixo unha presentación de diversos álbums ilustrados e logo o alumnado participante realizou unha serie de exercicios prácticos para coñecer e experimentar diferentes técnicas coas que levar a cabo os seus proxectos. 

Na segunda sesión, a rapazada creou as súas propias ilustracións a partir de textos propostos, demostrando que no Cabo Ortegal hai talento a esgalla!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Marcapáxinas para celebrar o Día do Libro

⚠️📣 Para conmemorarmos o #DíadoLibro as alumnas voluntarias da biblioteca fixeron uns #marcapáxinas para toda a comunidade educativa. Nos...