14.5.21

Resolución Certame Exeria

FALLO DO I CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA


Nas vésperas do Día das Letras Galegas 2021, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Illa de San Simón, en colaboración coa Biblioteca, facemos público o fallo do xurado do I Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria:


Dende aquí queremos agradecer publicamente a todo o alumnado participante dos tres centros e felicitar ás persoas gañadoras, moi especialmente ás nosas alumnas de 1º BAC  Antía Pita e Natalia Colorado, gañadoras do 1º e 2º premio da Categoría 3, respectivamente.

Proximamente publicaremos nas páxinas web dos centros organizadores os traballos gañadores de tódalas categorías para que poidades desfrutar con eles igual que o fixeron os membros do xurado.

Oxalá esta edición do certame sexa só a primeira de moitas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recreos de medo (anuncio)

Chegan os recreos de medo! A Biblio, o Equipo de Dinamización Lingüística e O Club de Ciencias preparamos varias actividades para este Samaí...