ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE 4º ESO CON ARANTZA PORTABALES 🍒
O pasado luns pola tarde, o alumnado do Club de lectura de 4º ESO mantivo un encontro virtual con Arantza Portabales Santomé, autora de Beleza vermella, a obra que o Club leu no segundo trimestre e que tanto lles gustou. Neste encontro, tivemos a oportunidade de conversar sobre a novela e de que Arantza nos contase como a concibiu e algunhas curiosidades que non sabiamos. Mais tamén falamos sobre a vida de escritora e descubrimos como foron os comezos de Arantza. A guinda do pastel chegou cando Arantza nos leu o primeiro capítulo da súa nova obra, A vida secreta de Úrsula Bas, que sairá do prelo nas próximas semanas.
Tivemos algúns problemas coa conexión, pero a proximidade e alegría de Arantza fixo que a experiencia fose xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario