22.3.21

Novo logotipo da Biblioteca

XA TEMOS NOVO LOGO!

Chegou o día! Por fin vos podemos anunciar o traballo gañador do noso concurso de logotipos, que se converterá na nova imaxe da Biblioteca:

Trátase dunha obra de Mónica L. Rodríguez, alumna de 4º ESO. 

Dende aquí queremos agradecer a todo o alumnado participante polo seu esforzo. Grazas tamén a Elena, a profe de Plástica, por traballar con eles e conseguir uns resultados tan bos. Realmente foi moi difícil para o xurado escoller un só gañador. Temos moitas e moitos artistas no centro! Custounos tanto seleccionar un único traballo que os outros dous logos finalistas tamén recibirán un agasallo. Velaquí os tedes:


  Logotipo presentado por Carme Pita (3º ESO)             Logotipo presentado por David Ramos (4º ESO)






Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...