24.3.21

Día da Poesía

21 de marzo. DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

 


«La poesía no quiere adeptos, quiere amantes»

Federico García Lorca.



O pasado domingo, 21 de marzo, foi o Día da Poesía e quixemos celebralo regalando poemas. Como? Moi sinxelo: tan só cómpre escanear os códigos QR que se atopan pola planta baixa do instituto:




Ó facelo, poderás escoitar poemas en distintas linguas na voz dun grupo de alumnas e alumnos voluntarios que durantes as últimas semanas nos axudaron a levar a cabo esta actividade.

Nas seguintes imaxes podes ver á rapazada de 4º ESO escoitando os poemas:

        

 

  

Ademais, este mes a nosa sección de Novidades da Biblio está centrada en obras poéticas. Nos vindeiros días subiremos unha entrada con información sobre cada obra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...