NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
"A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón
que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao
coñecemento."
"Cada libro é unha xoia capaz de
alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en
galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes."
Xurxo Mariño
Agora que comezamos decembro, é momento de botar a vista atrás e recordar as actividades que levamos a cabo durante o pasado mes para conmemorar o Mes da ciencia en galego na nosa Biblio.
Comezamos coa participación do alumnado de 1º BAC no webinario "Só a ciencia nos rescatará da pandemia", impartido o 16 de novembro pola neurocientífica galega Sonia Villapol Salgado, que desenvolve a súa investigación no Centro Médico de Texas (Houston). Esta actividade foi só unha das numerosas mostras que confirman que o galego e as mulleres tamén teñen cabida na ciencia.
Entre os días 19 e 27 desenvolvemos, en colaboración co Club de ciencias e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o concurso "En busca do enigma perdido":
Cada día propuxémoslle ó noso alumnado un enigma científico que tiñan que descifrar para poder ir gañando puntos e avanzando na clasificación. Velaquí algúns dos que máis dores de cabeza nos deron:
Grazas infinitas dende aquí a Antía e Alfonso por facernos espremer os miolos!
E como non podía ser doutra maneira, neste mes tamén houbo lugar para as lecturas científicas. Estes libros son só unha mostra das cousas chulas na nosa lingua que están chegando á Biblio:
Nos vindeiros días celebraremos o Campionato do cubo de Rubik, que quedara pendente. Con el pechamos o Mes da ciencia na nosa Biblio, pero lembrade, a ciencia, ó igual cá lectura, é cousa de todo o ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario