25N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 1º da ESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da información estivo traballando durante varias semanas con Marián sobre esta efeméride. Buscaron información para coñecer o motivo polo que se escolleu esta data, definiron o que era a violencia de xénero e reflexionaron e debateron sobre o que podemos facer no noso día a día para axudar a solucionar este problema. O resultado do seu traballo plasmárono nun vídeo reivindicativo (pica aquí).
Ademais, todo o alumnado da ESO traballou durante as dúas últimas semanas na elaboración dun mural colaborativo.
Cada titoría ocupouse de traballar un aspecto diferente:
- A titoría de 2º ESO traballou coa prensa, buscando noticias
relacionadas con este tema.
- Os grupos de 3º ESO e 3º PMAR traballaron o eido da música,
analizando letras de cancións para detectar aquelas que conteñen mensaxes
discriminatorias ou que incitan á violencia contra a muller.
- Por último, a clase de 4º ESO traballou a publicidade e atopou varios exemplos de anuncios sexistas.
Nestes tempos de pandemia que vivimos é importante non esquecer as outras epidemias que nos azoutan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario