16.12.20

Campionato cubo de Rubik

CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO DO CUBO DE RUBIK



Nesta mañá gris, a chuvia deunos unha tregua e por fin puidemos celebrar o tan agardado Campionato do cubo de Rubik, que tiveramos que adiar.

A expectación era máxima no patio e xs participantes estiveron á altura. Canto talento no Cabo Ortegal!!







Dende aquí queremos darlle as grazas a todo o alumnado que participou e os nosos parabéns ós gañadores das dúas categorías por resolver o reto nun tempo récord. Que cracks!


 Anxo Taracido, de 2º ESO, gañador da categoría de 1º, 2º e 3º ESO (2 minutos e medio)



Mónica Rodríguez, de 4º ESO, gañadora da categoría de 4º ESO e BACH (7,88 segundos)


Xa sabedes, todo o mundo a practicar que o próximo ano temos que superar estas marcas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Festival de Entroido 2026

⚠️📣 Hoxe celebrouse o Festival de Entroido ‘26 no pavillón do instituto 🎭. Participaron todos os grupos do centro: - 1º de ESO fixo un vid...