26.10.20

Reapertura de portas!

 

ESTAMOS DE VOLTA!

Este inicio de curso está sendo un pouco peculiar. Tivemos que repensar moitas cousas e tomar unhas cantas decisións antes de poder abrir, pero por fin a Biblioteca está de volta e funcionando!

  


Dende a semana pasada, xa está dispoñible o servizo de préstamo e devolución, que terá lugar durante os recreos. Hai algunhas novidades en canto ás normas de uso este curso. Deixámosvos aquí un cartel informativo:

 


Abrimos as nosas portas coincidindo coa semana na que se celebrou o Día das Bibliotecas e para festexalo preparamos unha pequena exposición con algunhas das novidades que nos acaban de chegar. Dentro da Biblio agárdanvos moitas máis, vide descubrir estes tesouros!



Tamén nesta semana comezamos coa Hora de ler na ESO, que sabemos que vos gusta! 

E, como o Samaín está á volta da esquina, propuxémosvos dous concursos:




 

Animádevos a participar, que sodes unhas/uns artistas que mete medo!

 

Nos próximos días teredes máis noticias nosas neste blog, pero, mentres tanto, estade atentxs ás nosas redes sociais. Bo inicio de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redon...