16.1.20


  ACTIVIDADES PRIMEIRA AVALIACIÓN


Comezamos a segunda avaliación botando unha ollada a algunhas das actividades que fixemos no primeiro trimestre.

No mes de novembro, celebramos a semana da ciencia. Alfonso deixounos esta marabilla feita por el mesmo na nosa biblio para que a enchéramos de cogomelos:




Durante esa semana, tamén propuxemos unha serie de enigmas que o noso alumnado tiña que descubrir e que están propostos neste libro que podedes atopar entre os nosos fondos:



Moitas grazas a Alfonso e Bea pola súa colaboración. Parabéns aos gañadores: Pablo Naranjo Méndez, Xiana Painceira Fraguela e Alba Galcerán Veiga!

Tamén no mes de novembro quixemos facer un recuncho de pensar para conmemorar o día da Filosofía. Bea traballou co seu alumnado e esta foi a súa proposta:




















Rematamos o mes de novembro cunha saída ao concello onde lemos un manifesto contra as violencias machistas elaborado por Verónica Sebastianelli Díaz (1º BACH). Deixamos un par imaxes deste acto:






O mes de decembro adicámolo a preparar as actividades relacionadas co Nadal, por unha parte, tanto profesorado como alumnado fixeron uns preciosos adornos con papiroflexia e así de fermosa quedou a nosa biblio.





Agradecemos a todos a súa colaboración e sobre todo a Laura e Alfonso polas súas clases, axudas e consellos.

E non puido rematar de mellor xeito o primeiro trimestre ca co festival de Nadal. Deixamos algunhas fotografías, aínda que non podemos reflectir aquí o ben que o pasamos.







Moitas grazas a todos pola participación e sobre todo a Cristina, a nosa profesora de música pola paciencia e dedicación.





















Empezamos esta segunda etapa de curso con moita enerxía e moitas ganas de facer mil cousas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...