16.11.19

                         24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BILIOTECA

Na biblioteca do IES Cabo Ortegal, fixemos unha actividade para celebrar o día das bibliotecas. Preguntamos aos nosos alumnos que era a biblio para eles, que lles aportaba, que sentían nese espazo. 
Colocamos unha caixiña de segredos na que podían deixar os seus pensamentos sobre ese lugar tan máxico onde podemos vivir tódalas vidas que soñamos.



 
Foi todo un éxito e a cambio da súas aportacións, puideron desfrutar dun doce agasallo.










Fixemos un cartel co todas as súas opinións e quedou así...


Moitas grazas, rapaces, e seguide lendo e participando e desfrutando de todo o que sucede na nosa biblio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

XVII Xornada de Clubs de Lectura

Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...