16.11.19

                                         PREMIOS SAMAÍN

Co motivo da celebración do Samaín, na nosa biblio propuxemos dous concursos: un de sobremesas, do que xa faláramos neste blog e outro de carteis. 

No segundo caso, participaron só os alumnos de 1º da ESO e o cartel gañador será o que se empregará para anunciar as actividades desta festividade no vindeiro curso.

Como os nosos alumnos son uns artistas, presentaron uns grandes traballos en ambos casos.

Aquí podedes ver as sobremesas tan terroríficas que elaboraron os rapaces.















Despois dunha cata que foi un auténtico pracer....


Estas foron as tres gañadoras...


Primeiro premio (no centro da imaxe): Eric Castro e Javier Valiño (2º ESO).

Segundo premio (na esquerda): Carlos Graña e Rubén Pérez (2º ESO).

Terceiro premio (na dereita): Elisa Díaz, Mónica Rodríguez e David Ramos (3º ESO).



No caso dos carteis de Samaín, os gañadores foron: Antonio López, Iván Romero e Zoe Gómez.



Moitas felicidades a todos e moitísimas grazas por participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...