31.10.20

Formación Novos Usuarios

 

FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS 

O pasado xoves 29 de outubro levamos a cabo unha sesión de formación dos novos usuarios de 1º ESO, que debido ás circunstancias actuais se realizou en dous espazos e en varias quendas.


Comezamos conversando co grupo na súa aula. A rapazada contounos que é para eles unha Biblioteca, as súas experiencias previas nestes lugares e a súa relación coa lectura. A continuación proxectamos un vídeo elaborado polo Equipo da Biblioteca no que o alumnado dos cursos máis altos nos explican as novas normas de uso derivadas da crise da COVID. Podedes ver o vídeo completo na web do centro (pica aquí).

   

En quendas, baixamos logo á Biblioteca para que os novos usuarios puidesen coñecer os seus fondos e ver como están organizados. A clase demostrounos que estivera ben atenta ó vídeo poñendo en práctica tódalas novas normas! Deixámosvos aquí algunhas imaxes:

 





Semella que 1º da ESO é un grupo ó que lle gusta moito ler. Así que, rapazada esperamos que nos visitedes con frecuencia. Agardámosvos na Biblioteca!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redon...