PREMIO NACIONAL Á MELLOR TRADUCIÓN 2014
O 04 de novembro de 2014 o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte fallou o Premio Nacional á Mellor Tradución que ten por obxecto distinguir a tradución dunha obra escrita orixinalmente en lingua estranxeira a calquera das linguas españolas, e que fose publicada por primeira vez en España en 2013.
O xurado elixiu a tradución ao galego do "Ulises" de James Joyce porque os tradutores souperon resolver brillantemente o desafío e complexidade que supón a ampla combinación de rexistros, xogos de palabras ou alteracións presentes no orixinal.
Na versión ao galego participaron María Alonso Seisdedos, tradutora e correctora editorial, na actualidade a cargo das versións das novelas de Orhan Pamuk ao galego; Eva Almazán, tamén tradutora profesional, con obras de Paul Auster, Edgar Allan Poe ou Martin Amis no seu currículo; Antón Vialle, tradutor e intérprete que fixo a versión da cea, de Herman Koch, a primeira do holandés ao galego; e Xavier Queipo, un dos autores que encarnaron a renovación da narrativa galega actual nos anos 90.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Teatro no colexio
Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...
-
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
-
2013, ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA mathematics O ano 2013 foi declarado o Ano das Matemáticas do Planeta Terra polos insti...
-
Obradoiro de música tradicional Nesta véspera do Día das Letras Galegas recordamos o obradoiro de música tradicional que tivo lugar o pasa...

Ningún comentario:
Publicar un comentario