6.11.14

25 anos da caída do muro de Berlín
O Muro de Berlin foi unha construción civil que supuxo un símbolo vivo da división física da Alemaña da post guerra en dúas entidades, a República Federal Alemá e a República Democrática Alemá. Este muro supuxo a división da cidade de Berlín ao medio e a división do mundo en dous bloques: o Bloque Occidental, constituído polos países capitalistas encabezados polos Estados Unidos da América, e o Bloque de Leste, constituído polos países comunistas que tiñan á súa fronte a Unión Soviética
O 9 de novembro de 1989 foi derrubado o que supuxo a reunificación dunha cidade e dun país, converteuse no símbolo do final da Guerra Fría e cambiou a faciana do noso mundo. No seguinte enlace https://www.deutschland.de/es/dossier/dossier-25-anos-de-la-caida-del-muro podedes ver un dossier sobre os 25 anos da caída do muro.
Na fotografía podemos ver os 15 quilómetros da «fronteira de luz» composta de 8.000 globos luminosos que iluminará desde o 7 ao 9 de novembro unha parte do antigo trazado do muro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Adopta un libro (Edición Cariño)

⚠️📣 A Biblioteca Municipal do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 e o 𝗜𝗘𝗦 𝗖𝗮𝗯𝗼 𝗢𝗿𝘁𝗲𝗴𝗮𝗹 promoven esta iniciativa de integrac...