17.11.14

Premio Nacional de Cómic 2014: Amarillo

John Blacksad veterano da Segunda Guerra Mundial, é un detective americano ao uso en case todo excepto na súa natureza animal. É un felino humanizado que a bordo dun Cadillac amarelo, modelo Eldorado, parte de Nova Orleans e rastrexará as pegadas dun crime por polvorientas estradas que lle conducirán a Nova York.
Grazas á última das súas aventuras, os seus creadores, Juan Díaz Canales (Madrid, 1972), e Juanjo Guarnido (Salobreña, Granada, 1967), recibiron o Premio Nacional de Cómic 2014, que recoñece un cómic de calidade sen fronteiras, cargado de referencias culturais e cunha óptima execución, segundo o xurado. Xuntos realizan a serie Blacksad, que ten como protagonistas a animais con forma humana en historias policíacas de xénero negro ambientadas en Estados Unidos. Realizaron 6 títulos: Un lugar entre as sombras, Arctic nation, Alma vermella, O inferno, o silencio e Amarelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...