MISIÓN ROSETTA
A SONDA PHILAE ATERRA NO COMETA 67P
O cometa 67P mide catro quilómetros de diámetro e atópase a 510 millóns de quilómetros da Terra.
Por primeira vez, un obxecto creado polo home aterra nun cometa. A Sonda Philae é un robot europeo que onte, ás 17:04 horas exactamente, se desprendeu da nave Rosetta e instalouse en Churyumov-Gerasimenko tras unha caída libre sen apenas gravidade a unha velocidade de 3,2 quilómetros por hora.
Con esta operación culmina unha misión que comezou hai 10 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario