O 28 de marzo de 2014, o prrofesorado que coordina os
equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas
escolares encontrouse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), no que foron os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.
En total foron nesta xornada 524 profesoras e
profesores, responsables ou integrantes dos equipos de biblioteca de todos e
cada ún dos centros incluídos neste Plan de mellora de bibliotecas escolares,
un programa iniciado no ano 2005 como acción específica dentro dunha estratexia
para a renovación das bibliotecas dos centros non universitarios, de maneira
que o alumnado do século XXI conte con recursos que lle axuden a desenvolver
competencias clave como son as alfabetizacións múltiples e as competencias
informacionais.
Os Encontros reuniron a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e
tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira.
Pero tamén foron plataforma para a
difusión de prácticas de excelencia que se están a dar en moitas bibliotecas
escolares galegas, que se exporán en mesas de experiencias sobre "ciencias
na biblioteca escolar", sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por
proxectos. Houbo ocasión, así mesmo, para reunións temáticas, nos que o
profesorado estableceu coloquio sobre certas temáticas de interese, trala
intervención inicial dun dos participantes: "Investigar ou googlear?"
ou "Integración das ciencias e as humanidades na Biblioteca escolar, foron
algúnas destas temáticas. Habilitouse un espazo para a exposición de materiais
elaborados polas bibliotecas dos centros e, coma en ocasións anteriores, un
recuncho para o intercambio de libros entre os lectores e as lectoras
interesados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario