Miguel Hernández, 72 anos sen o poeta do pobo
O 28 de
marzo de 1942, o poeta morreu enfermo nun cárcere de Alacante condenado polo
franquismo pola súa declarada simpatía cara á
República, o poeta do pobo, como era coñecido, non superou unha bronquite
mesturada con tifus e tuberculose.
O poeta pastor, como é coñecido na sua Orihuela natal pola súa profesión, morreu aos 31 anos de idade. Tempo suficiente para converterse nun dos poetas máis grandes da literatura hispana do século XX e para compor un dos poemas máis famosos dos nosos tempos: Nanas da cebola. Esta peza xurdiu cando estando encarcerado polo réxime franquista recibiu unha carta da súa esposa Josefina Manresa onde lle dicía que tan só tiña pan e cebola para alimentar ao seu fillo.
Pablo Neruda, premio Nobel de literatura en 1971 e amigo do poeta, escribiu tras a súa morte: "Lembrar a Miguel Hernández que desapareceu na escuridade e lembralo a plena luz, é un deber de España, un deber de amor".
Miguel Hernández con milicianos 1937.
http://www.memoriadacoruna.com/index.php/documentos/novas-da-memoria/659-alejandro-torrus-para-qpublicoq
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario