20.1.12

‘SI QUE CHE GUSTA LER (PERO IGUAL NON O SABES)

A Secretaría de Estado de Cultura lanzou en Internet a nova campaña de comunicación e concienciación social a favor da lectura dirixida aos mozos, no marco do Plan de Fomento da Lectura.
A campaña leva como lema "Si que che gusta ler (pero igual non o sabes)". A mensaxe é positiva e atractiva para os seus destinatarios, tanto na súa forma, cunha estética xuvenil, como no seu fondo, cuxa idea se basea en que os mozos len máis do que cren, especialmente cando utilizan as novas tecnoloxías. A campaña, baseada en formatos publicitarios en Internet, ten como reforzo un microsite, http://www.siquetegustaleer.org/ que inclúe, ademais de múltiples ligazóns a portais, bibliotecas virtuais e blogs do seu interese, un xogo de lectura no que o usuario elixe os pasos dunha aventura e pode gañar un e-Reader

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Voluntariado activo

O noso equipo de alumnado voluntario, xunto con outras persoas que puntualmente se uniron, levan todo o curso axudándonos a realizar as tare...