José Luís Sampedro foi distinguido hoxe co
galardón "Escritor galego universal", que destaca a aqueles autores
que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en
referentes na defensa da dignidade humana e das culturas nacionais.

A relación de José Luís Sampedro con Galicia
comezou nos anos setenta do pasado século a través dá Agrupación Cultural
Lóstrego de Madrid, da que foi presidente de honra e coa que colaborou
economicamente cunha mensualidade do seu soldo de senador por designación real
nas primeiras cortes democráticas.
A asociación que concede o galardón destaca que
esta relación continuou especialmente a través da actividade universitaria do
galardoado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario