A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros
Industriais da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) acolle até 30 de
xaneiro a exposición “María Moliner: muller,
bibliotecaria e lexicógrafa”.
A mostra ofrece un completo repaso á súa vida a
través de tres prismas distintos pero complementarios: a súa persoa, as súas
actividades como bibliotecaria e o seu incansable labor como autora dun dos
dicionarios máis utilizados en español.
María Moliner, autora dun das obras de consulta
máis influentes do castelán, o Dicionario
de uso do español, incorporouse como directora da Biblioteca da ETSI
Industriais en 1946, e xa desde o primeiro momento iniciou a creación do
tesauro.

Gabriel
García Márquez dixo de María Moliner que "fixo unha
proeza con moi poucos precedentes: escribiu soa, na súa casa, coa súa propia
man, o dicionario máis completo, máis útil, máis acucioso e máis divertido da
lingua castelá”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario