14.1.26

Nova Hora de Ler (2º trimestre)

⚠️📣 Volve a #Horadeler ao IES Cabo Ortegal!

Podedes consultar nas portas das vosas aulas o calendario completo para #segundotrimestre 🗓️

Lembrade que podedes aproveitar esta actividade para ler calquera cousa que queirades: libros que traiades das vosas casas, exemplares das bibliotecas de aula, as lecturas obrigadas que teñades que facer ou calquera texto que vos fornezan os docentes.

  


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...