17.10.25

Celebración do Día das Escritoras

⚠️📣 Debido a que o 13 de outubro foi o #DíadasEscritoras, imos celebrar a semana vindeira no instituto unhas actividades para conmemorar esta efeméride e poñerlle cara a algunhas autoras galegas. 👩🏻‍💼👩🏾‍💻

Como vedes no cartaz, levaranse a cabo 3 actividades. Sumade puntos en cada unha delas para acadar un premio final! 🎁

Animádevos a participar! 🙋🏼

Comezaremos coa primeira durante o recreo do mércores 22, así que estade atentos e atentas ás historias deste perfil, xa que subiremos as instrucións de cada actividade o día anterior a se celebraren.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Festival de Entroido 2026

⚠️📣 Hoxe celebrouse o Festival de Entroido ‘26 no pavillón do instituto 🎭. Participaron todos os grupos do centro: - 1º de ESO fixo un vid...