7.11.24

Crime no Cabo Ortegal






Durante o Samaín, un terrible crime sucedeu no IES Cabo Ortegal. O martes amencemos coa noticia do asasinato da Xefa de Estudos, do que se fixeron eco os xornais.


Seis grupos de intrépidos estudantes da ESO ofrecéronse voluntarios para investigar o crime. 



Tras seguir as pistas e analizar as probas atopadas pola planta baixa do instituto, descubriron que o culpable fora o Xefe de Estudos de adultos, que quería quedar co despacho de Elisa. 






O culpable xa dorme na cadea e os nosos investigadores recibirán a súa recompensa nos próximos días!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día do Naturismo Galego

  ⚠️📣 O alumnado de #BioloxíaeXeoloxía de #1ºdeESO do @ies.cabo.ortegal conmemorou este #9demarzo o #DíadoNaturismoGalego cunha mostra...