5.10.23

Formación dxs novos usuarixs da Biblioteca


Nos primeiros días do curso, a rapazada de 1ºESO participou nunha sesión de formación cos profes do Equipo da Biblioteca. Nela, coñeceron as instalacións e as normas de uso e, a través dun xogo por equipos, aprenderon a buscar os materiais que precisan e o que teñen que facer para levalos prestados.

Tamén aproveitamos para facerlles entrega dos seus números de lector e para conversar con eles sobre os seus gustos literarios. E démoslles a coñecer as iniciativas que desenvolvemos na súa nova Biblio (Hora de ler, Clubs de lectura, voluntariado, concursos...).




Esperamos vervos moito pola Biblio, rapazada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...