8.11.22

Exposición micolóxica

 

COMEZA O MES DA CIENCIA!

 
 
"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." 

"O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" (manifesto), José Tubío



Hai uns días iniciamos novembro e con el o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 🔬🔭🪐🦠🐞🕹️. 

Para ir abrindo boca, no Cabo Ortegal comezamos cunha fantástica exposición de fungos que nos preparou Alfonso a semana pasada. Ademais, explicounos unha chea de cousas interesantes sobre eles.

                                                                                            



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Teatro no colexio

Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...