22.4.21

Encontro con Arantza Portabales

ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE 4º ESO CON ARANTZA PORTABALES 🍒




O pasado luns pola tarde, o alumnado do Club de lectura de 4º ESO mantivo un encontro virtual con Arantza Portabales Santomé, autora de Beleza vermella, a obra que o Club leu no segundo trimestre e que tanto lles gustou. Neste encontro, tivemos a oportunidade de conversar sobre a novela e de que Arantza nos contase como a concibiu e algunhas curiosidades que non sabiamos. Mais tamén falamos sobre a vida de escritora e descubrimos como foron os comezos de Arantza. A guinda do pastel chegou cando Arantza nos leu o primeiro capítulo da súa nova obra, A vida secreta de Úrsula Bas, que sairá do prelo nas próximas semanas.

Tivemos algúns problemas coa conexión, pero a proximidade e alegría de Arantza fixo que a experiencia fose xenial!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

IV Certame 'Exeria'

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redon...