Pintando muros para derribar
barreiras
Poucas veces a Costa da Morte
está á vangarda. E menos á vangarda cultural. Pero en Carballo no marco do
proxecto de emblecemento urbano, "derrubando muros con pintura", dúas artistas están a coordinar accións que consisten
precisamente niso, en pintar muros con graffitis, como fixeron no seu
día na vila de Ordes.
Así estiveron
Roberta Venanzi e Paula Fraile pintando o primeiro edificio que se vai
intervir no proxecto, na rúa do Sol, xunto á rotonda da escultura do Artiluxio,
unha das portas de entrada á vila dende Aa Costa da Morte, Santiago, e Ordes. Están a realizar un mural que se basea en plantas dos xardíns da zona e procura continuidade coa zona de céspede e sebe que hai entre o edificio e a rotonda.
O proxecto continuará ao longo
dos vindeiros meses. Nel participarán unha equipa de artistas coordinad@s polas
propias Paula Fraile e Roberta Venanzi. Farán semellantes intervencións
pictóricas en varios muros da vila co fin de embelecer o núcleo urbano.
Dende logo, unha iniciativa de
vangarda, e para tomar nota, pois mira que temos muros mortos pola volta…
Fonte e máis
información
- Turismo Carballo: “Queremos embelecer e darlle cor á vila”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario