Os ángulos da brasa xa recibira o Premio da Crítica e fora elixido o mellor poemario do 2012. Este ano o seu autor, Manuel Álvarez Torneiro, o Premio Nacional de Poesía, un galardón concedido polo Ministerio de Cultura e dotado con 20.000 euros. A obra, publicada na colección Tambo, agora ao abeiro do selo Faktoría K, é definida polo seu autor «como un libro da memoria». «Penso que este libro non é un produto estándar, nin frívolo, nin lúdico nin simplista, que incide nunha realidade que é tan persoal como plural», declarou en maio. Na súa publicación, a crítica saudou Os ángulos da brasa como unha achega relevante na traxectoria como poeta de Álvarez Torneiro, na que destacan títulos como Setembro Stradivarius ou Epicentro, e que mereceu premios como o Esquío ou o González Garcés.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Teatro no colexio
Onte o alumnado de #1ºESO regresou ao colexio en que estudaron até o curso pasado para compartir unha experiencia moi especial co alumnado ...
-
Este mércores, a profesora coordinadora do Club de Lectura da nosa Biblio, Ana Bravo , asistiu en Santiago á XVII Xornada de Clubs de Lectu...
-
2013, ANO DAS MATEMÁTICAS DO PLANETA TERRA mathematics O ano 2013 foi declarado o Ano das Matemáticas do Planeta Terra polos insti...
-
Obradoiro de música tradicional Nesta véspera do Día das Letras Galegas recordamos o obradoiro de música tradicional que tivo lugar o pasa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario